|
O sitio web naceu en 2002, como un achegamento á Literatura Galega
a partir dun feito conmemorativo de grande transcendencia no noso entorno,
como está a ser o "Día das Letras Galegas"
cada 17 de maio, dende 1963 ano do centenario da publicación
de "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro. Situábase daquela esta experiencia no ámbito escolar, coma unha proposta de axuda a alumn@s para integrarmos xuntos o feito literario e mailo emprego dos novos medios no seu contexto sociocultural. Agora, en Setembro de 2004, "Trompiletras" comeza unha nova andaina, incorporando novas seccións relacionadas coa cultura galega e as novas tecnoloxías. Recibide logo un cordial saúdo a tódolos que vos achegades a este espazo virtual, dende ... |
|||
|
WebMaster: Efrén Vázquez
Vázquez |
Envíanos a seguinte enquisa. GRAZAS